Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2019 Páx. 31894

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 21 de xuño de 2019 pola que se emprazan os interesados no procedemento abreviado 116/2019 no expediente de reposición da legalidade OUR/90/2017-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, en relación co procedemento abreviado número 116/2019, interposto por Carmen Gallego Alonso, contra a resolución ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 7 de marzo de 2019, na que se declara ilegalizables as obras executadas en solo de núcleo rural, consistentes na construción dun alboio de planta baixa con paredes e teito de cuberta en chapa ondulada sobre estrutura metálica, no polígono 42, parcela 12, A Veiga das Meás, Concello de Vilardevós, e ordena a súa demolición, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras e o cesamento definitivo dos usos a que desen lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas –LPACAP–, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) se empraza a Ángel García Suárez para que poida presentarse como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística