Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2019 Páx. 31893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 21 de xuño de 2019 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 146/2019 no expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/60/2015-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario número 146/2019, interposto por Manuel Antonio Tomé Otero, contra a resolución ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 8 de outubro de 2018, que desestima o recurso potestativo de reposición, interposto contra a Resolución do 6 de outubro de 2016, expediente POL/60/2015-RP1, en que se ordena a restitución das cousas e a súa reposición ao estado anterior a comisión da infracción, procedendo a demolición das obras de construción C1, coa referencia catastral urbana E50426800NG0001ZX, C5 e C6, que se atopan nas parcelas catastrais 36008A018006500000JS e 36008A018006500000JZ, no lugar de Castros, Area das Patas, Nerga, O Hío, Concello de Cangas, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) se empraza a Félix Migueles Couñago para que poida presentarse como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística