Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2019 Páx. 31895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 21 de xuño de 2019 polo que se notifican a incoación e o prego de cargos do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/57/2017-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, acordou o 14 de febreiro de 2019, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade, a Javier Miranda Álvarez e Emenecuatro Cangas, S.L., por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Praia de Arneles, termo municipal de Cangas (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da incoación e o prego de cargos a Javier Miranda Álvarez e Emenecuatro Cangas, S.L., mediante o presente anuncio e, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a devandita incoación e prego de cargos, mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber aos interesados que o texto íntegro da incoación e o prego de cargos que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística