Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2019 Páx. 31156

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO de notificación de sentenza (550/2018).

Eu, Anxo Gómez Santos, letrado da Administración de Xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que no presente procedemento foi pronunciada a sentenza con data do 5.6.2019, que no seu encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 117/2019.

Vigo, 5 de xuño de 2019.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario que co número 550/2018 se seguen por instancia de Aurora Piñeiro Orge, representada polo procurador José Ramón Curbera Fernández e dirixida pola letrada Paula Ojea Cendón, contra de Arsenio Pérez Corral, declarado en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de reclamación das rendas dun contrato de aluguer de local.

Decido:

Estimar totalmente a demanda formulada por Aurora Piñeiro Orge contra de Arsenio Pérez Corral, e facer, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno Arsenio Pérez Corral a aboar a Aurora Piñeiro Orge a cantidade de 8.116 euros, que reportará, desde a data da reclamación xudicial, o xuro legal dos cartos.

2º. Condeno Arsenio Pérez Corral a aboar as custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se lle fará saber que non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino».

En virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, por este edicto notifícase Arsenio Pérez Corral, baixo os apercibimentos contidos na dita resolución.

Vigo, 7 de xuño de 2019

O letrado da Administración de xustiza