Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2019 Páx. 31158

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cangas

EDICTO (PO 416/2016).

Eu, Violeta Reboredo Otero, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cangas, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Olga Menduíña Coya fronte a Juan José Menduíña Coya ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Cangas, 20 de marzo de 2019.

Vistos por min, David Pérez Laya, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cangas de Morrazo, os autos de xuízo ordinario seguidos neste xulgado co número 416/2016 en que foron partes como demandante Olga Menduíña Coya, representada pola procuradora dos tribunais Laura Isabel Queiruga Álvarez, e demandada Juan José Menduíña Coya, en situación procesual de rebeldía.

Parte dispositiva.

Estimo integramente a demanda interposta por parte da procuradora dos tribunais Laura Isabel Queiruga Álvarez, en representación de Olga Menduíña Coya, fronte a Juan José Menduíña Coya, en situación procesual de rebeldía, e en consecuencia:

– A extinción da situación de pro indiviso sobre a vivenda unifamiliar con planta baixa e alta, sita no lugar de Lagar, número 21, Cangas de Morrazo e constituída sobre o terreo: Lagar O Chan de Lagar, Igrexario, de sesenta e oito varas ou seis áreas dúas centiáreas. Linda, norte estrada; sur, camiño de servidume e monte; leste, Faustino Martínez Sotelo, e oeste, Carmen Martínez Sotelo.

– A condición de indivisible do terreo.

– Ordénase a venda desta en poxa pública, polo tipo en que se taxe pericialmente, en que, despois de publicarse edictos con advertencia dos dereitos dos condóminos e cargas e afeccións que recaen sobre os terreos, con intervención das partes e de licitadores estraños, se reparta o prezo entre os litigantes en proporción ás súas respectivas cotas sobre o terreo.

– Con condena en custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme, e que admite recurso de apelación, que deberá interpoñerse por escrito, no prazo de vinte días seguintes á notificación, do que deberá coñecer a Audiencia Provincial.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E encontrándose o devandito demandado, Juan José Menduíña Coya, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Cangas, 5 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza