Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2019 Páx. 31160

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de citación (PO 685/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 685/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Jesús Gerpe Gómez, Yolanda Marta Varela contra Adolfo Fragoso Gómez y Otros, S.C. e Fogasa, sobre despedimento, acordouse como segue en acta, en que se acorda novo sinalamento, de data 12.6.2019:

«A maxistrada xuíza que preside este acto, ao estaren pendentes de resolución de procedementos de despedimento, sinala para o próximo día 8.10.2019 ás 10.45 horas para a súa celebración, co cal quedan citados os comparecentes neste momento».

E para que sirva de notificación en legal forma a Adolfo Fragoso Gómez y Otros, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza