Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2019 Páx. 31154

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO de notificación de sentenza (29/2018).

Eu, Anxo Gómez Santos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que no presente procedemento foi pronunciada a sentenza con data do 30.5.2019, que no seu encabezamento e parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

«Sentenza nº 117/2019.

Vigo, 30 de maio de 2019.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 29/2018 se seguen por instancia de Manuel Pardo Carballido, representado pola procuradora Gisela Álvarez Vázquez e defendida pola letrada Paz Salaberri Areán, contra de Esther Gómez Sántervas, Jorge de Lima Gonçalvez e Agustina Gómez Santervas, declarados en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de reclamación de rendas dun contrato de aluguer de vivenda.

Decido:

Estimar totalmente a demanda interposta por Manuel Pardo Carballido contra de Esther Gómez Santervas, Jorge de Lima Gonçalvez e Agustina Gómez Santervas, e facer, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno Esther Gómez Santervas, Jorge de Lima Gonçalvez e Agustina Gómez Santervas a aboar a Manuel Pardo Carballido, con carácter solidario, a cantidade de 992,26 euros, a cal reportará unha indemnización pola demora equivalente ao xuro legal dos cartos, incrementado en dous puntos, contando desde a presente sentenza.

2º. Condeno Esther Gómez Santervas, Jorge de Lima Gonçalvez e Agustina Gómez Santervas a pagar as custas do presente proceso.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se lle fará saber que non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino».

En virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, por este edicto notifícanse Esther Gómez Santervas, Jorge de Lima Gonçalvez e Agustina Gómez Santervas, baixo os apercibimentos contidos na devandita resolución.

Vigo, 4 de xuño de 2019

O letrado da Administración de xustiza