Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2019 Páx. 31170

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 11 de xuño de 2019, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres OU-02094-O-2018.

A persoa titular da Xefatura Territorial de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador OU-02094-O-2018 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselle a resolución ditada á persoa interesada.

É informado de que o expediente sancionador está á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Comunicáselle que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A sanción imposta foi aboada anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Ourense, 11 de xuño de 2019

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF persoa sancionadora

Infracción cometida

Data, hora

Estrada, p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-02094-O-2018

3338-DJM

53177416J

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

11.10.2018, 15.30

A52, 224

Artigo 142.8 da LOTT

Artigo 143.1.b) da LOTT

201 euros