Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2019 Páx. 31172

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 14 de xuño de 2019, da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, polo que se emprazan varias persoas ou entidades interesadas para seren notificadas por comparecencia en expedientes tramitados por ese órgano (expediente XA 41-17).

Nas datas que para o efecto se indican no anexo a Xunta Arbitral de Transportes de Galicia ditou os laudos correspondentes aos expedientes que así mesmo se relacionan.

O artigo 9.6 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei de ordenación de transportes terrestres, establece que en relación coas notificacións ás partes, que realizará a Secretaría das xuntas, será de aplicación a lexislación de procedemento administrativo, polo que esta secretaría intentou facer a notificación presencial dos anteditos laudos consonte o artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común. Porén, a notificación non puido ser completada para unha ou varias das partes.

En consecuencia, e segundo o disposto nos artigos 44 e 46 da mesma lei, emprázanse as persoas ou entidades interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia (Dirección Xeral de Mobilidade), sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. De acordo co mesmo artigo, e sen prexuízo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

As persoas que comparezan deberán asistir provistas de documentación suficiente acreditativa da súa identidade e, se é o caso, da representación con que afirmen actuar.

Transcorrido o prazo indicado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Poderá obter máis información sobre este procedemento na Secretaría da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia (teléfonos de contacto 981 54 45 65 e 881 99 50 76).

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2019

David Conde Varela
Secretario da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia

ANEXO

Expediente

Reclamante(s)

Reclamado(s)

Parte pendente de notificar

Último enderezo coñecido

NIF

Data do laudo

XA 41-17

José Luis Carballido Iglesias

Ritmo Rápido Uniperssoal, Lda.

Ritmo Rápido Uniperssoal, Lda.

R/ Mestre Alfredo González, 33, 36318 Vigo (Pontevedra)

***0850**

25.9.2018