Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2019 Páx. 31188

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 5 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dun parque de cultivos mariños sito no Areal Grande de Leis, concello de Muxía, A Coruña.

Mediante este anuncio faise público que por Resolución da Consellería do Mar, do 4 de xuño de 2019, autorizouse a transmisión da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:

Tipo de transmisión: inter vivos e mortis causa.

Tipo de establecemento e identificación: parque de cultivos mariños Leis 1, localizado no Areal Grande de Leis, concello de Muxía, A Coruña.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule), berberecho birollo (Cerastoderma glaucum), bígaro (Littorina littorea) e ostra plana (Ostrea edulis).

Data da orde de outorgamento: Orde ministerial do 15.12.1954 (BOE nº 356)

Vixencia do título habilitante: 29.7.2018 (prórroga extraordinaria en trámite).

Antigos titulares: Carolina Josefa Anido Lema, María Josefa Lema Anido, José Manuel Lema Anido e José Ramón Lema Anido.

Novos titulares: José Ramón Lema Anido (***7501**) e Cecilia Lema del Río (***5857**).

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores.

Condicións particulares baixo as que se autoriza a levar a cabo o cambio da titularidade: os novos titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia do documento notarial da transmisión, e a solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

A Coruña, 5 de xuño de 2019

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña