Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2019 Páx. 31187

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica un trámite de audiencia a un afectado pola concentración parcelaria da zona de Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), un trámite de audiencia relativo a un recurso de alzada contra as bases definitivas da Zona de Concentración Parcelaria de Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña), á persoa interesada que se cita no anexo.

Así mesmo este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 17 de xuño de 2019

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

76458834A

Trámite de audiencia

Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña)