Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2019 Páx. 31189

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 11 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se fai pública a resolución pola que se outorgou o permiso de actividade para a instalación dun establecemento de acuicultura en zona terrestre no polígono industrial de Bértoa, termo municipal de Carballo, A Coruña.

En cumprimento do establecido no artigo 19 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre, faise público que por Resolución do 10 de xuño de 2019 se outorgou o permiso de actividade para a instalación do establecemento de acuicultura en zona terrestre que se describe:

Tipo de establecemento: criadeiro e granxa mariña.

Titular do permiso de actividade: Carbiotech, S.L. (B98792781).

Prazo de outorgamento: dez (10) anos, prorrogables por iguais períodos, con carácter indefinido.

Localización: polígono industrial de Bértoa, termo municipal de Carballo, A Coruña.

Especie autorizada: Crypthecodinium cohnii (Seligo) Javornicky, 1962.

Actividade de cultivo: cultivo de microalgas para a obtención de ácidos graxos.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2019

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica