Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2019 Páx. 30750

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 204/2019).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 204/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raquel Seoane García contra María Begoña Rama Cotelo e outros, sobre despedimento, se ditou a sentenza cuxa resolución di:

«Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Raquel Seoane García contra a entidade López Villanueva, S.A., administración concursal da entidade López Villanueva, S.A., S.L.U. e Raquel Seoane García e, en consecuencia, debo declarar e declaro procedente o despedimento de que foi obxecto a demandante con efectos do 15 de xaneiro de 2019.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Raquel Seoane García contra a entidade López Villanueva, S.A., administración concursal da entidade López Villanueva, S.A., S.L.U. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade López Villanueva, S.A. a que lle aboe á demandante á cantidade de 6.742,17 euros brutos por indemnización de despedimento fixada no Acordo do 21 de decembro de 2018.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (as ditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co número ES55 0049 3569 92 0005001274, e sinalar en “Concepto” os seguintes díxitos: 4757000065 e número de expediente con seis (6) díxitos (catro (4) para o número e dous (2) para o ano) e, se é fisicamente, nunha oficina do Banco Santander na conta número 4757000065 e número de expediente con seis (6) díxitos (catro (4) para o número e dous (2) para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Así mesmo, notifícaselle o Auto do 27 de maio de 2019 cuxa parte dispositiva di como segue:

«Rectificar os erros de transcrición contidos na Sentenza ditada nestes autos con data do 9 de maio de 2019, na súa resolución, que debe quedar redactada na súa primeira epígrafe da seguinte maneira, mantendo os demais pronunciamentos:

“Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Raquel Seoane García contra a entidade López Villanueva, S.A. e a administración concursal da entidade López Villanueva, S.A., S.L.U. e, en consecuencia, debo declarar e declaro procedente o despedimento de que foi obxecto a demandante con efectos do 15 de xaneiro de 2019.”

Contra este auto non cabe interpor ningún recurso, sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor contra a resolución aclarada, cuxo prazo de anuncio se iniciará coa notificación desta resolución.

Así o mando, e asino por este auto. Maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal. Dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a María Begoña Rama Cotelo, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza