Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2019 Páx. 30748

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (DSP 947/2018-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen os autos número 947/2018 por instancia de Jorge Lombardía Fernández contra José Salorio, S.L., sobre despedimento, nos cales se ditou a Sentenza do 4 de xuño de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Jorge Lombardía Fernández contra a empresa José Salorio, S.L., e en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento de Jorge Lombardía Fernández por parte da empresa José Salorio, S.L.

– Declárase extinguida a relación laboral.

– Condénase a José Salorio, S.L. a aboarlle a Jorge Lombardía Fernández a cantidade de tres mil cento setenta e tres euros con sesenta e sete céntimos de euro (3.173,67 euros) en concepto de indemnización.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma a José Salorio, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 10 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza