Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2019 Páx. 30747

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (652/2016).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 652/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Andrade Vilela contra Kuan Ti Business, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse Resolución o 7 de xuño de 2019 contra a que non cabe interpoñer recurso de suplicación por razón da contía sen prexuízo do establecido no artigo 191.3 da LRXS.

E para que sirva de notificación en legal forma a Kuan Ti Business, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza