Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2019 Páx. 30746

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 69/2016).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 69/2016 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Yolanda Otero Ourens e contra o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva se achega:

«Sentenza.

A Coruña, 3 de abril de 2019.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co PO 69/2016, sendo parte nel, dun lado, como demandante, Vanessa Palmero Silva, asistida pola letrada Indrani Thais Palla Maceiras, e, como demandados, Yolanda Otero Ourens, que non comparece malia estar citada en forma legal, e coa intervención do Fogasa, que non comparece malia estar citada en forma legal, sobre reclamación de cantidade, pronuncio en nome do rei a seguinte sentenza:

Resolvo:

Que, aceptando a demanda interposta pola demandante Vanessa Palmero Silva, debo condenar e condeno a empresa María Yolanda Otero Ourens a que lle aboe á demandante a cantidade de 817,79 euros líquidos polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % de xuros por mora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en forma legal a Yolanda Otero Ourens, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza