Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2019 Páx. 30744

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 156/2016).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 156/2016 deste xulgado do social, seguido a instancia de María Carmen Baleato Domínguez contra a empresa Deus Creaciones, S.L., Administración concursal de Deus Creaciones, S.L., Argos Asociados Abogados y Asesores Tributarios e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva se achega:

«Sentenza.

A Coruña, 6 de xuño de 2019.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co PO 156/2016, sendo parte nel, dun lado, como demandante, María Carmen Baleato Domínguez, con DNI 44815217Q, asistida pola letrada Lidia Vázquez Méndez, e como demandados, Deus Creaciones, S.L., que non comparece malia estar citada en forma legal; Administración concursal de Deus Creaciones, que asume Argos Asociados Abogados y Asesores Tributarios, que non comparece malia estar citado en forma legal, e coa intervención do Fogasa, que non comparece malia estar citado en forma legal, sobre reclamación de cantidade, pronuncio en nome do rei a seguinte sentenza:

Resolvo:

Que, aceptando a demanda interposta pola demandante María Carmen Baleato Domínguez, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Deus Creaciones, S.L., en situación de concurso, a que lle aboe á demandante a cantidade de 433,83 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis os xuros correspondentes solicitados.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Deus Creaciones, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza