Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2019 Páx. 30371

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2019 pola que se lle dá publicidade ao acordo de delegación de competencias no Comité Directivo deste consorcio.

O 2 de maio de 2019, a Asemblea Xeral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, en virtude do previsto nos artigos 16.1 e 16.6 dos estatutos deste consorcio (DOG núm. 131, do 7 de xullo de 2006), o artigo 9.1 da Lei 40/2015, de réxime xurídico do sector público, e o artigo 6.1 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e demais disposicións de xeral aplicación, adoptou o seguinte acordo:

1. Delegar no Comité Directivo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar a aprobación da conta xeral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

2. Esta delegación quedará suxeita ao seguinte réxime xurídico:

a) Os actos e resolucións administrativas que se adopten facendo uso desta delegación deberán indicar expresamente esta circunstancia, con referencia ao número e á data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e consideraranse ditadas polo órgano que a conferiu.

b) En calquera momento, a Asemblea Xeral poderá avocar para si o coñecemento do asunto cuxa resolución lle corresponda por delegación ao Comité Directivo, cando haxa circunstancias de índole técnica, económica, social, xurídica ou territorial que o fagan conveniente, e así mesmo, poderá acordar a súa revogación.

3. Este acordo entrará en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Esta delegación competencial xustifícase pola necesidade de dar cumprimento á exixencia de aprobación da conta xeral nos prazos legalmente previstos, dotando os procedementos seguidos polo Consorcio da imprescindible seguridade xurídica e garantindo, ao mesmo tempo, a eficacia exixible a toda actuación administrativa, o que fai necesaria a delegación da competencia da Asemblea Xeral para a aprobación da conta xeral no Comité Directivo do Consorcio.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do previsto no artigo 6 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 9.3 da Lei 40/2015, de réxime xurídico do sector público.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2019

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar