Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2019 Páx. 30370

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

ANUNCIO do 5 de xuño de 2019 polo que se fai pública a declaración de deserto do expediente de contratación 2019000147.

1. Entidade adxudicadora: Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

2. Órgano de contratación: o director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

3. Obxecto do contrato: alleamento, polo procedemento de poxa, dun edificio provisional para a redacción de informativos da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

4. Procedemento: poxa en réxime de libre concorrencia.

5. Orzamento do alleamento: 200.066,02 € máis o 21 % de IVE.

6. Orzamento de execución do proxecto técnico de desmontaxe: 195.885,56 € máis o 21 % de IVE.

7. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: 23 de abril de 2019.

8. Data de resolución da declaración de deserto: 31 de maio de 2019.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019

Alfonso Sánchez Izquierdo
Director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.