Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2019 Páx. 30228

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de requirimento de xestión de biomasa.

Intentada a notificación do seguinte acordo do concelleiro delegado de Urbanismo de data 6 de setembro de 2018 respectivamente e ao non resultar posible a súa práctica efectiva, de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, procédese a notificar mediante a publicación no BOE, DOG e taboleiro de anuncios do Concello o seguinte:

Acto que se notifica

Propietario

Parcela catastral

Acordo de incoación de eliminación de árbores e maleza nun terreo sito na Rañada-Cabreira

DNI: 35781258-C

Pol.104 Parcela 332

Requíreselles aos propietarios para que no prazo máximo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, procedan á xestión da biomasa na parcela indicada, de conformidade cos artigos 21 e 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

En caso de incumprimento, poderase proceder á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22 da Lei 3/2007; ou á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas de 1.000 a 10.000 euros, reiterables ata lograr a execución do ordenado. Todo iso, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

O texto íntegro do documento e resto de trámites do expediente poderán ser consultados, por comparecencia do interesado, no Departamento de Secretaría do Concello de Salvaterra de Miño para o seu coñecemento.

Salvaterra de Miño, 4 de xuño de 2019

Arturo Grandal Vaqueiro
Alcalde