Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2019 Páx. 30227

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Punxín

ANUNCIO de información pública sobre un proxecto de delimitación de solo de núcleo rural.

Unha vez aprobado inicialmente, mediante a Resolución da Alcaldía, do 30 de maio de 2019, o proxecto de delimitación de solo de núcleo rural da Forxa, San Roque, As Quintás e O Bacelo, de conformidade co artigo 78 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Voz de Galicia e Faro de Vigo.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello.

Punxín, 5 de xuño de 2019

Manuel Vázquez Fernández
Alcalde