Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2019 Páx. 30226

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

EDICTO de información pública (expediente número 38801/11).

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese ao correspondente trámite de información pública o expediente nº 38801/11, tramitado por instancia da entidade Centro Implantológico Avanzado, S.L., NIF B86283298, de solicitude de licenza municipal de obras de acondicionamento e instalación para a súa apertura con destino a clínica dental con raios X na planta baixa (local 2) do inmoble sito na rúa da Peregrina, nº 34, en Pontevedra, de modo que durante un prazo de vinte días se poderán presentar alegacións en relación coa solicitude formulada e consultar o expediente no Servizo de Urbanismo do Concello de Pontevedra.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2019

Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde