Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2019 Páx. 30145

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón

EDICTO (289/2017).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, fago saber que, con data do 26 de novembro de 2018, ditou sentenza Rosa Lama Marra, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, nos autos de xuízo divorcio contencioso 289/2017, promovidos por María José Vázquez Vidal, representada pola procuradora dos tribunais Rosa Goris Mayán e asistida pola letrada María Rodríguez Cruz, contra José Luis Mosteiro Morales, en situación de rebeldía procesual.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación.

E, de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, por medio deste edicto notifícaselle a José Luis Mosteiro Morales, en paradoiro descoñecido, a quen, así mesmo, se fai saber que poderá ter coñecemento íntegro da mencionada resolución mediante a súa comparecencia no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón.

Padrón, 8 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza