Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2019 Páx. 30146

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 53/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 53/2018, seguido por instancia de José Luis Bravo López contra María Beatriz López Nieto, Restaurante O Biquiño, sobre execución de sentenza número 224/1998, do 11 de outubro de 2018, se ditaron auto en que se despacha execución e decreto de embrago, ambos do 8 de marzo de 2019, contra os cales se pode interpor recurso de reposición e directo de revisión no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as resolucións.

E para que sirva de notificación e citación en legal forma a María Beatriz López Nieto, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza