Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2019 Páx. 30143

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada

EDICTO (F02 32/2019).

Eu, Demetrio Mato Bartolomé, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada, dou fe e testemuño de que nos autos de familia, garda, custodia e alimentos de filla menor no matrimonio c. 32/2019 consta Sentenza 55/2019 cuxo encabezamento e resolución se pasa a transcribir a seguir:

«Vistos por min, Ricardo Antonio López Fernández, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1, Xulgado de Violencia sobre a Muller da Estrada e o seu partido xudicial, os presentes autos nº 32/2019 de garda, custodia e alimentos, seguidos a raíz da demanda presentada pola procuradora dos tribunais Sra. Marín Couceiro, en nome e representación de Yelitza Carolina Mogollón Araña, quen intervén asistida polo letrado Sr. Parada Caramés, contra José Giovanny Álvarez, declarado en rebeldía procesual.

Intervén, en nome do Ministerio Fiscal, Servando Caíño Dasilva.

Parte dispositiva:

Debo admitir e admito a demanda presentada pola procuradora dos tribunais Sra. Marín Couceiro, en nome e representación de Yelitza Carolina Mogollón Araña contra José Giovanny Álvarez, declarado en rebeldía procesual, e acordo:

Primeiro. Atribuírlle a garda e custodia da menor, Giovanna Antonella Álvarez Mogollón, á súa nai, Yelitza Carolina Mogollón Araña, correspondendo a titularidade e o exercicio conxunto da patria potestade a ambos os dous proxenitores.

Segundo. A fixación dunha pensión de alimentos de 250 euros, cantidade que deberá aboar José Giovanny Álvarez, a favor da súa filla, e que deberá ingresar na conta que designe a nai, dentro dos cinco primeiros días de cada mes. Esta cantidade será pagadoira por mensualidades anticipadas e actualizable cada 1 de xaneiro conforme a variación anual que experimente o índice xeral anual de prezos de consumo ou equivalente. Igualmente, cada proxenitor satisfará por metade os gastos extraordinarios que exixa o coidado e a educación de Giovanna, en particular os de asistencia sanitaria.

Terceiro. Prescindir do establecemento dun réxime de comunicación e estancia do pai, José Giovanny Álvarez, coa súa filla, Giovanna.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que poderán presentar por escrito ante este xulgado no prazo de 20 días contados desde o seguinte ao da súa notificación. Para a interposición do recurso deberá acreditarse, no momento de prepararse o recurso, a consignación do depósito e demais requisitos legalmente exixidos na conta de consignacións e depósitos deste xulgado baixo o apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións, con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino».

O anteriormente transcrito concorda ben e fielmente co seu orixinal, ao cal me remito e expido o presente edicto.

Estrada, 31 de maio de 2019

O letrado da Administración de xustiza