Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 29978

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza e auto de aclaración (PO 190/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 190/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Agustín García Torres contra Campus Coruña, S.L. sobre ordinario, foi ditada sentenza e auto de aclaración cuxas partes dispositivas son, respectivamente, as seguintes:

«Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Agustín García Torres, contra a entidade Campus Coruña, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Campus Coruña, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 3.727,68 € brutos por salarios devindicados durante a súa relación laboral (13.8.2016 ao 31.10.2016), con inclusión de parte proporcional de pagas extras, complemento de transporte e complemento de asistencia, e compensación económica por vacacións non desfrutadas, das cales se descontarán 300 € líquidos percibidos, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito para interporen contra a ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social. Estas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co número ES55 0049 3569 92 0005001274, anotando no “concepto” os seguintes díxitos: 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano) e se é fisicamente nunha oficina do Banco Santander, na conta número 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano), acreditándoo mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe, celebrando audiencia pública no día da súa data. Dou fe».

«Dispoño:

Rectificar os erros de transcrición contidos na sentenza ditada nos presentes autos na data do 16 de xaneiro de 2019, nos seus feitos probados primeiro, fundamento de dereito primeiro e parte dispositiva, que quedarán redactados do seguinte modo, mantendo os restantes pronunciamentos.

Feitos probados:

“...Primeiro. O demandante, Agustín García Torres, prestou os seus servizos para a entidade Campus Coruña, S.L. entre o 13 de agosto e o 31 de agosto de 2016 a tempo parcial, e desde o 1 de setembro ao 1 de novembro de 2016, a tempo completo, coa categoría profesional de “oficial 2ª oficio”, e polo que debía percibir o salario bruto mensual de 924,60 € brutos salario base, sen inclusión de parte proporcional de pagas extras.

Fundamento de dereito:

Primeiro. ...Por tanto, a contía que correspondería percibir por estes conceptos refírese a día de prestación efectivo, que no seu contrato de traballo, única proba que existe respecto a ela, é en xornadas de luns a venres, o que supón, por tanto, 12 días en agosto, 24 días en setembro e 20 días en outubro e, por tanto, o pagamento das contías de 263,76 € brutos por complemento de asistencia e 451,36 € brutos por complemento de transporte durante a duración da súa relación laboral.

Consecuencia da proba articulada, no suposto de autos, acreditáronse nas actuacións os presupostos constitutivos da obrigación, todo o cal carreta as obrigacións contidas nos arts. 4.2.f), e 29.1, do Estatuto dos traballadores, correspondendo ao demandado a proba dos feitos que impidan, extingan ou enerven tales obrigacións (arts. 217.3 e 281 da LAC). Ao non terse practicado a dita proba, a demanda debe ser estimada, con obrigación de aboamento das cantidades que se declararon probadas, en conceptos brutos, pola entidade Campus Coruña, S.L…”.

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Agustín García Torres, contra a entidade Campus Coruña, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Campus Coruña, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 3.727,68 € brutos por salarios devindicados durante a súa relación laboral (13.8.2016 ao 31.10.2016), con inclusión de parte proporcional de pagas extras, complemento de transporte e complemento de asistencia, e compensación económica por vacacións non desfrutadas, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Contra este auto non cabe interpor recurso, sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor contra a resolución aclarada, cuxo prazo de anuncio se iniciará de novo coa notificación da presente resolución.

Así o mando e asino por este auto. Maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal. Dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Campus Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza