Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 29981

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (370/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 370/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Consuelo Pombo González contra Limpiezas y Mantenimiento de Coruña, S.L. sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decido

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Consuelo Pombo González, contra a entidade Limpiezas y Mantenimiento de Coruña, S.L., en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Limpiezas y Mantenimiento de Coruña, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 3.976,57 € líquidos por salarios percibidos entre agosto de 2017 e febreiro de 2018 ambos os dous incluídos, con inclusión de pagas extras así como compensación económica das vacacións non gozadas (2017/2018), e falta de preaviso, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e ademais 1.086,75 € como indemnización por despedimento obxectivo.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social. As devanditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co núm.: ES55 0049 3569 92 0005001274 e consignar en concepto os seguintes díxitos: 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano) e, se é fisicamente, nunha oficina do Banco Santander na conta núm.: 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Publicación: lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a subscribe, estando a celebrar audiencia pública no día da súa data. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas y Mantenimiento de Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza