Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 29983

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 381/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 381/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jacobo de los Santos Feliz Peguero contra Las Pepas Hostelería, S.L. sobre ordinario, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decido.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Jacobo de los Santos Feliz Peguero, contra a entidade Las Pepas Hostelería, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Las Pepas Hostelería, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 1.756,24 € brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados en febreiro e marzo de 2018, e a cantidade de 9.192,96 € brutos, por horas extraordinarias realizadas durante a súa relación laboral, incrementadas ambas as cantidades no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito para interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social. Estas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co número ES55 0049 3569 92 0005001274, anotando no “concepto” os seguintes díxitos: 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano) e se é fisicamente nunha oficina do Banco Santander, na conta número 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano), acreditándoo mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe, celebrando audiencia pública no día da súa data. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Las Pepas Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza