Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 30013

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 5 de xuño de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación do Monte Lomba a favor dos veciños/as de Alvite, na parroquia de Beariz (Santa María), no concello de Beariz (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 13 de marzo de 2019, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que de seguido se relacionan:

Nome do monte: ampliación do Monte Lomba.

Superficie: 12,16 ha.

Pertenza: CMVMC de Alvite.

Parroquia: Beariz (Santa María).

Concello: Beariz.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Os terreos obxecto da solicitude constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. As parcelas catastrais que o forman están separadas por camiños que corresponden ás parcelas catastrais nº 9018, do polígono 3, e á parcela catastral nº 9001, do polígono 23; do concello de Beariz. O monte está constituído polas tres parcelas catastrais seguintes:

Concello

Polígono

Parcelas

Beariz

23

830

30

940-943

– Parcelas catastrais estremeiras:

Linde

Polígono

Parcelas catastrais

Norte

3

916-917-9019-9022-926-925-919-923-924-927-928

Leste

3

9001-922-921-920

23

9002-832-9003-757-759-760-761-770-771-772-773-775-777-778-815-816-822

Sur

23

821-900-899-824-825-826-827-828-829-892

Oeste

23

888-887-886-937-885-884-883-882-881-833-912-909-913-908

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período de un mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como presentar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 5 de xuño de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense