Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 30015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 5 de xuño de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Cruceira, Eidiño e Pedreira a favor dos veciños/as da Eirexa, Prados e Ribela, na parroquia de Ribela (San Xillao), no concello de Coles (Ourense).

O Xurado Provincial de clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 13 de marzo de 2019, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que deseguido se relacionan:

Nome do monte: Cruceira, Eidiño e Pedreira.

Superficie: 0,57 ha.

Pertenza: CMVMC da Eirexa, Prados e Ribela.

Parroquia: Ribela (San Xillao).

Concello: Coles.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Os terreos obxecto destas solicitudes constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, atravesados por vías de comunicación, que son os constituídos polas parcelas catastrais seguintes:

Predio nº 1: Cruceira:

Parcela en clasificación

Concello

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Coles

36

169

32027A036001690000OJ

Parcelas estremeiras

Linde

Polígono

Parcela

Propietario

Norte e leste

36

9001

Ministerio de Obras Públicas, Transporte e Medio Ambiente

Sur

36

9004

Concello de Coles

Oeste

36

170

Malvedo, S.L.

Predio nº 2: Eidiño:

Parcela en clasificación

Concello

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Coles

42

100

32027A042001000000OJ

Parcelas estremeiras

Linde

Polígono

Parcela

Propietario

Norte, sur e oeste

42

9010

Concello de Coles

Leste

42

95

Álvaro Manuel Álvarez Rey

96

Herdeiros de Emilio Doforno Laso

99

Laura Iglesias López

Predio nº 3: Pedreira:

Parcela en clasificación

Concello

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Coles

42

107

32027A042001070000OA

Parcelas estremeiras

Linde

Polígono

Parcela

Propietario

Norte

42

114

Herdeiros de Dolores Montes Iglesias

Leste

42

9010

Concello de Coles

Sur

36

9001

Ministerio de Obras Públicas, Transporte e Medio Ambiente

Oeste

42

115

Herdeiros de Alfredo Montes Iglesias

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como presentar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 5 de xuño de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense