Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 30017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 5 de xuño de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Barazal de Esposende a favor dos veciños da parroquia de Esposende (Santa Mariña), no concello de Cenlle (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 13 de marzo de 2019, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que deseguido se relacionan:

Nome do monte: Barazal de Esposende.

Superficie: 4,23 ha.

Pertenza: veciños/as da parroquia de Esposende (Santa Mariña).

Concello: Cenlle.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Os terreos obxecto da solicitude constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, constituído por terreos das parcelas catastrais seguintes:

Concello

Polígono

Parcela

Observacións

Cenlle

32

184 (completa)

1000 (parte da parcela)

183 (parte da parcela )

181 (parte da parcela)

9004 (parte da parcela)

Camiño

9002 (parte da parcela)

Camiño

a) Perímetro exterior:

– Parcelas catastrais estremeiras:

Linde

Concello

Polígono

Parcelas

Norte

Cenlle

32

1000 (resto da parcela)-183 (resto da parcela)

Leste

Cenlle

32

183 (resto da parcela)-9004 (resto da parcela)

Sur

Cenlle

32

181 (resto da parcela)

Oeste

Cenlle

32

9002 (resto da parcela)-9004 (resto da parcela)

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como presentar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 5 de xuño de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense