Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 30019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 6 de xuño de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Costa da Gándara a favor dos veciños/as de Casardeita, na parroquia de Macendo (Santa María), no concello de Castrelo do Miño (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 13 de marzo de 2019, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Nome do monte: ampliación de Costa da Gándara.

Superficie: 4,68 ha.

Pertenza: veciños/as de Casardeita.

Parroquia: Macendo (Santa María).

Concello: Castrelo de Miño.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Os terreos obxecto da solicitude constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, atravesado por un camiño, constituído polas parcelas catastrais seguintes:

Denominación do predio: Costa do Ribeiro.

Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Polígono

Parcela

Castrelo de Miño

55

358 (unha parte)

54

95 (unha parte)

Parcelas catastrais estremeiras:

Linde

Polígono

Parcelas

Norte

54

95 (resto da parcela)

55

358 (resto da parcela)

Leste

55

5000-151-150-146-145-360-9012

Sur

55

359

54

1000

Oeste

54

2000

O limite do monte polo norte vén establecido pola liña imaxinaria que une os puntos denominados marco intermedio e Pozo do Ribeiro, tal como recolle a descrición da estrema sur do monte Ribeiro que figura no acordo de clasificación do MVMC Fontela e Ribeiro, pertencente aos veciños das Bouzas, adoptado polo Xurado Provincial o 20 de novembro de 2012.

a) Perímetro interior (encravados):

Está atravesado de norte a sur por un camiño correspondente á parcela catastral nº 9000, do polígono 54.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como aportar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 6 de xuño de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense