Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 30011

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 5 de xuño de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal da Barxa a favor dos veciños/as da Barxa e A Barxiña, na parroquia de Barxa (San Tomé), no concello de Celanova (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 13 de marzo de 2019, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que deseguido se relacionan:

Nome do monte: Comunal de Barxa.

Superficie: 9,47 ha.

Pertenza: veciños/as de Barxa e A Barxiña.

Parroquia: Barxa (San Tomé).

Concello: Celanova.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Os terreos obxecto da solicitude constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. As dúas parcelas catastrais que o forman están separadas por un camiño que corresponde á parcela catastral nº 9019, do polígono 504, do concello de Celanova. O monte está constituído polas dúas parcelas catastrais seguintes:

Concello

Polígono

Parcelas

Celanova

504

5001-5002

Parcelas catastrais estremeiras:

Linde

Polígono

Parcelas catastrais

Norte

502

20147-9072

15

9001

Leste

17

1-2-3-4-6-7-9002

Sur

504

93-94-9017-95

502

77

Oeste

504

5017-5016-5015-5014-5013-5012-5011-5010-5009-5005-5004-5003-116-9020-118-119

502

9028-79-9029-9066

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como presentar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 5 de xuño de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense