Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 30009

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 5 de xuño de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Rochairo a favor dos veciños/as de San Cibrao e Cavadoiro, na parroquia de Acevedo do Río (San Xurxo), no concello de Celanova (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 13 de marzo de 2019, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que de seguido se relacionan:

Nome do monte: O Rochairo.

Superficie: 14,36 ha.

Pertenza: veciños/as de San Cibrao e Cavadoiro.

Parroquia: Acevedo do Río (San Xurxo).

Concello: Celanova.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Os terreos obxecto da solicitude constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. As parcelas catastrais están separadas por camiños que corresponden á mesma parcela catastral nº 9006, do polígono 111, do concello de Celanova. O monte está constituido polas 12 parcelas catastrais seguintes:

Denominación do predio: Barazal.

Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Polígono

Parcelas

Celanova

111

462-465-464-259-477-258-233-232-208-245-207-145

a) Perímetro exterior:

Parcelas catastrais lindeiras:

Linde

Concello

Polígono

Parcelas/Ref. catastrais

Norte

Ramirás

503

1913

4

8-9001

Leste

Ramirás

4

48

Celanova

111

480-237-9006-236-235-234-241-242-243-246-247-248-251-253-490-489-488-487-485-483-482-481-9001-

001400400NG86G0001MP-001900100NG86G0001ZP

001900600NG86G0001BP-001900700NG86G0001YP

Sur

Celanova

111

9001-9006

Oeste

Celanova

111

9006-463-430-431-419-432-433-434-435-437-436-418-417-416-415-231-230-229-228-218-212-203-204-206-173-172-149-147-148-144-134

b) Perímetro interior (encravados):

Como xa se citou anteriormente, as parcelas catastrais que constitúen o monte están separadas por camiños que corresponden a unha mesma parcela catastral identificada co nº 9006, do polígono 111, no concello de Celanova.

Dentro da parcela catastral nº 477 do polígono 111 atópanse encravadas as parcelas catastrais nº 484, 486 e 491, do mesmo polígono 111, e tamén as parcelas coas referencias catastrais seguintes: 001900500NG86G0001AP, 001900900NG86G0001QP, 001900800NG86G0001GP. Dentro da parcela catastral nº 259 do polígono 111 atópase tamén encravada a parcela coa referencia catastral seguinte: 001901000NG86G0001YP.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como aportar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 5 de xuño de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense