Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 24 de xuño de 2019 Páx. 30007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 7 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se notifican oito acordos de inicio do procedemento declarativo de reintegro de axudas do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación 2016.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás empresas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio os acordos de inicio do procedemento declarativo da procedencia do reintegro das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 27 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG núm. 135, do 18 de xullo).

A eficacia deste acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

De conformidade co previsto no artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para alegaren ou presentaren os documentos que consideren pertinentes.

Á vista das alegacións e da documentación presentada, ou transcorrido o prazo concedido para estes efectos, ditaranse as resolucións que correspondan respecto do reintegro da subvención concedida.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Expediente

Empresa

NIF

Concello

Resolución

Data da resolución

TR807I 2016/110-0

Hostal Stop, S.L.

B94138088

Pontevedra

Inicio de reintegro

11.2.2019

TR807I 2016/149-0

Riberas del Sena, S.L.

B70488176

A Coruña

Inicio de reintegro

12.2.2019

TR807I 2016/150-0

Riberas del Sena, S.L.

B70488176

A Coruña

Inicio de reintegro

12.2.2019

TR807I 2016/193-0

Hostal Stop, S.L.

B94138088

Pontevedra

Inicio de reintegro

11.2.2019

TR807I 2016/223-0

Pan de Leña Curro, S.L.

B94131570

Barro

Inicio de reintegro

13.2.2019

TR807I 2016/229-0

Maravilla de Oia, S.L.

B27835099

Vigo

Inicio de reintegro

13.2.2019

TR807I 2016/230-0

Maravilla de Oia, S.L.

B27835099

Vigo

Inicio de reintegro

13.2.2019

TR807I 2016/231-0

Pan de Leña Curro, S.L.

B94131570

Barro

Inicio de reintegro

13.2.2019