Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 20 de xuño de 2019 Páx. 29638

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 4 de xuño de 2019 polo que se notifica a resolución de execución subsidiaria derivada do expediente SIL/69/2013.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 15 de abril de 2019 ditou resolución de execución forzosa, mediante a execución subsidiaria á custa de Marta Díaz Lorenzo e, de ser o caso, dos seus habentes causa, da Resolución do 28 de setembro de 2001 que ordenou volver os terreos ao estado anterior á realización de obras obxecto do expediente SIL/69/2013 (10.15/98, 63.3/98 e 63.6/00), tramitados por actuacións abusivas no lugar de praia de Area da Cruz, no termo municipal do Grove, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre e carecendo da perceptiva autorización.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución a Marta Díaz Lorenzo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación desta cédula, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes ao acordo de execución subsdiaria, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da cal este acordo é un simple acto de execución. Se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode inerpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses, desde o día seguinte ao desta notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística