Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 20 de xuño de 2019 Páx. 29640

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 4 de xuño de 2019 polo que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 18 de xullo de 2017, ditada no expediente POL/69/2015-RP1.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución do director (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG núm. 59, do 27 de marzo), con data do 18 de xuño de 2018, ditou a resolución pola que se resolve o recurso potestativo de reposición, interposto contra a Resolución do 18 de xullo de 2017, ditada no expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/69/2015-RP1.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución a Paula María López García, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística