Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 19 de xuño de 2019 Páx. 29423

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 150/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 150/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra Alucon Noroeste, S.L.U., sobre ordinario, se ditou Sentenza con data do 9.1.2019 cuxa resolución é a seguinte:

«Resolvo:

Que debo admitir e admito a demanda que en materia de cantidade foi interposta pola Fundación Laboral de la Construcción fronte á entidade Alucon Noroeste, S.L.U. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Alucon Noroeste, S.L.U. a que lle aboe á demandante a cantidade de 50,99 €, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 €.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpor recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación: lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a subscribe, estando na audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Alucon Noroeste, S.L.U., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza