Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 19 de xuño de 2019 Páx. 29424

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 339/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 339/2018 deste xulgado do social, se ditou Sentenza con data do 20.2.2019 cuxa resolución é a seguinte:

«Resolvo:

Que debo aceptar e acepto a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Ana María Chamorro Maceiras contra a entidade Limpezas y Mantenimiento Coruña, S.L., en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Orisa Telecomunicaciones, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.284,39 € brutos en concepto de cantidades debidas por salarios percibidos en xaneiro de 2018, con inclusión da parte proporcional de pagas extras, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpor recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas y Mantenimiento de Coruña, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza