Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 19 de xuño de 2019 Páx. 29425

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 609/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 609/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marianela Leal Fraga contra o Fondo de Garantía Salarial, Gestión Integral de Situaciones de Emergencia, S.L. sobre ordinario, se ditou sentenza con data do 22.5.2019, cuxa resolución é a seguinte:

«Resolución

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Marianela Leal Fraga contra a entidade Gestión Integral de Situaciones de Emergencia, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Gestión Integral de Situaciones de Emergencia, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 5.695,74 € brutos por salarios devindicados entre marzo e xuño de 2018, ambos inclusive, incrementados no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (esas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co nº ES55 0049 3569 92 0005001274, e deberá indicar en concepto os seguintes díxitos: 4757000065 e nº de expediente con 6 díxitos (4 para o nº e 2 para o ano) e, se é fisicamente nunha oficina do Banco Santander, na conta nº 4757000065 e nº de expediente con 6 díxitos (4 para o nº e 2 para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe, en audiencia pública no día da súa data. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gestión Integral de Situaciones de Emergencia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza