Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 19 de xuño de 2019 Páx. 29427

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 9/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 9/2019, seguido por instancia de Jean Carlos Puello Ortiz, contra Roberto Blanco Rey, sobre execución de sentenza nº 338/2018, do 4 de decembro de 2018, se ditou auto do 7 de marzo de 2019, en que se declara extinguida a relación laboral que vinculaba a Jean Carlos Puello Ortiz con Roberto Blanco Rey e contra o cal pode interpor recurso de reposición no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, cuxa soa interposición non suspenderá a executividade do que se acorda.

E para que sirva de notificación en legal forma a Roberto Blanco Rey, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza