Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 19 de xuño de 2019 Páx. 29428

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 58/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 58/2018, seguido por instancia de Gonzalo Suárez Carbajales contra Alimentos O Agro da Plaza, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou Decreto do 20 de maio de 2019 polo que se declarou o executado en situación de insolvencia provisional e se acordou arquivar as actuacións. Poderase interpor recurso directo de revisión no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Alimentos O Agro da Plaza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza