Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 19 de xuño de 2019 Páx. 29429

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 44/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 44/2018, seguido por instancia de Emilio Maceiras Novo contra Pinfire Norte, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto de embargo do 21 de maio de 2019, contra o cal cabe interpor recurso de revisión no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma ao representante legal de Pinfire Norte, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza