Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 19 de xuño de 2019 Páx. 29430

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 64/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 64/2019, seguido por instancia de María Luz Rial Martínez contra Textil Zas, Sociedade Cooperativa Galega, sobre execución de sentenza núm. 144/2019, ditada no PO 875/2018, do 13 de marzo de 2019, se ditaron auto en que despacha execución e decreto de embargo do 22 de maio de 2019, contra os cales pode interpor recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Textil Zas, Sociedade Cooperativa Galega, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza