Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 19 de xuño de 2019 Páx. 29421

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 155/2016-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 155/2016 por instancia de Ana Isabel Garea Balado contra Adecco Outsourcing, S.A.U. e Fogasa sobre procedemento ordinario, en que receu sentenza de data do 19 de febreiro de 2019 que, copiado en los particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Ana Isabel Garea Balado fronte ás empresas Adecco Outsourcing, S.A.U. e City House Rías Altas, S.L. e, en consecuencia:

– Absólvese a empresa City House Rías Altas, S.L. das pretensións fronte a ela dirixidas.

– Condénase a empresa Adecco Outsourcing, S.A.U. a aboar á demandante a cantidade de seiscentos sesenta e seis euros con oitenta e sete céntimos de euro (666,87 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E, para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Adecco Outsourcing, S.A.U., expido e asino a presente notificación.

A Coruña, 31 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza