Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 17 de xuño de 2019 Páx. 28767

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (134/2018-C).

Eu, José Luis Gutiérrez Martin, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo declarativo ordinario número 134/2018-C, seguido por instancia de Talleres Baúlo, S.L., representado pola procuradora María del Amor Angulo Gascón, fronte a Granitos y Maderas Compra Venta, S.L. e Florentino Leiros Lago, ditouse sentenza, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Estímase a demanda interposta por Talleres Baúlo, S.L. contra Granitos y Maderas Compra Venta, S.L., Florentino Leiros Lago, e así:

a) Condénase a Granitos y Maderas Compra Venta, S.L., como debedora directa, a aboar á demandante a cantidade de 29.202,24 euros, máis o xuro legal computado desde o día 23 de setembro de 2016.

b) Condénase a Florentino Leiros Lago, como administrador societario responsable, a aboar, solidariamente con Granitos y Maderas Compra Venta, S.L., a referida cantidade de 29.202,24 euros, máis o xuro legal computado desde o día 23 de setembro de 2016.

c) Condénase a Granitos y Maderas Compra Venta, S.L. e a Florentino Leiros Lago ao pagamento das custas procesuais.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días, por escrito e expresando os motivos polos que se ipugna, ante a Audiencia Provincial de Pontevedra. De acordo coa disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, as partes, para poderen presentar o recurso terán que consignar a cantidade de 50 euros na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander. Están exentos desta obriga os titulares do dereito á xustiza gratuíta.

Notifíquese esta sentenza ás partes, lévese ao libro da súa clase e déixese testemuño suficiente nos autos.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E encontrándose a parte demandada, Granitos y Maderas Compra Venta, S.L. e Florentino Leiros Lago, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 23 de maio de 2019

O letrado da Administración de xustiza