Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 2626/2016 LD
Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 582/2015 Xulgado do Social número 2 de Vigo
Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social
Avogado: letrado da Seguridade Social
Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua de Accidentes de Trabajo, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, Famoga, S.L., Talleres Unaval, S.L.
Avogados/as: letrado da Seguridade Social, Ana María Moreno Lugrís, María Araceli Martínez Araújo
Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2626/2016 desta sala, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, Famoga, S.L. e Talleres Unaval, S.L. sobre outros dereitos seguridade social, foi ditada no 3.4.2019 pola Sala do Social do Tribunal Supremo sentenza cuxa parte dispositiva di:
«Por todo o exposto, en nome do Rei e pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu:
1º. Desestimar o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto pola letrada Ana Moreno Lugrís en nome e representación de Mutua Gallega, Entidad Colaboradora de la Seguridad Social nº 201, contra a sentenza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 9 de marzo de 2017 (rec. 2626/16), que estimou o recurso de suplicación interposto pola letrada da Administración da Seguridade Social na representación que ten do Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Vigo do 29 de marzo de 2016, ditada en autos nº 582/2015 e 592/2015 do Xulgado do Social número 3 acumulados, seguidos por instancia de Mutua Gallega e Mutua Fremap, contra INSS, TXSS, empresa Famoga, S.L., Talleres Unaval, S.L. e Antonio Monteiro Araújo.
2º. Confírmase a sentenza impugnada, con condena en custas á recorrente e perda do depósito constituído para recorrer.
Notifíquese esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa.
Así se acorda e asina».
E para que sirva de notificación en legal forma a Famoga, S.L. e Talleres Unaval, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 23 de maio de 2019
A letrada da Administración de xustiza