Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 14 de xuño de 2019 Páx. 28651

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paradela

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno do Concello de Paradela, na sesión extraordinaria que tivo lugar o 22 de maio de 2019, adoptou o acordo de aprobación inicial da modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal en dous ámbitos de solo urbano de Pacios-Paradela.

De acordo co establecido no artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese ao trámite de información pública o mencionado acordo durante o prazo de dous meses para os efectos de que os interesados examinen o expediente e presenten as alegacións e reclamacións que consideren oportunas.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. A duración da suspensión é de dous anos máximo, contados desde a dita aprobación e en calquera caso extinguirase coa aprobación definitiva da modificación do planeamento, tal e como se prevé na Lei 2/2016.

As áreas afectadas pola suspensión son as seguintes:

As determinacións previstas na presente modificación inciden unicamente no cambio de cualificación do solo urbano, nos ámbitos 1 (parcelas catastrais 27042A01000224, 7361001PH1376S, 7361003PH1376S, M00400500PH13F e 7361002PH1376S) e ámbito 2 (referencia catastral 7460010PH1376S0001AS), segundo o indicado nos planos 1 e 2 da modificación puntual e do resumo executivo.

Paradela, 23 de maio de 2019

José Manuel Mato Díaz
Alcalde presidente