Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 14 de xuño de 2019 Páx. 28652

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO sobre un expediente de recoñecemento de treito urbano da estrada OU-0605 Pedra do Sol (OU-0606)-Parada de Sil (OU-604) ao seu paso polo núcleo rural de Cristosende, no concello da Teixeira.

Faise público que a Presidencia, o día 6 de maio de 2019, ditou a seguinte resolución:

Desestimación total de treito urbano en Cristosende.

Con data do 27 de decembro de 2018 tivo entrada na Axencia Galega de Infraestruturas unha solicitude de informe por parte da Deputación Provincial de Ourense sobre un expediente de recoñecemento de treito urbano da estrada OU-0605 Pedra do Sol (OU-0606)-Parada de Sil (OU-604) ao seu paso polo núcleo rural de Cristosende, no concello da Teixeira, de acordo co establecido no artigo 63 do Regulamento xeral de estradas de Galicia e ao abeiro do artigo 7 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.

Tras a súa análise, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade emitiu informe desfavorable sobre o expediente de delimitación por non axustarse á ordenación urbanística da zona e a definición de aliñacións ao establecido no instrumento de planeamento urbanístico vixente no concello da Teixeira nese momento, isto é, o proxecto de ordenación de Medio Rural aprobado definitivamente o día 10 de xullo de 2001.

O 12 de abril de 2019 foi aprobado definitivamente o Plan xeral de ordenación municipal da Teixeira, que conta con aliñacións marcadas no dito instrumento e foi sometido a informe favorable pola Deputación (31 de agosto de 2016), conforme a Lei 8/2013. Tamén, mediante o Decreto da Presidencia da Deputación 2019/2252, resolveuse recoñecer expresamente os treitos urbanos no concello da Teixeira coa aprobación definitiva do planeamento urbanístico. Este PXOM derroga o POMR con base no cal se elaborou o dito expediente de delimitación (4554F/2018).

O artigo 63.8 do Regulamento xeral de estradas de Galicia establece que logo de recibido o informe vinculante da consellería competente en materia de estradas, corresponde á Administración titular da estrada adoptar, de acordo con aquel, a correspondente resolución, que pode ser de aprobación definitiva ou de desestimación, total ou parcial, da proposta de delimitación de treitos urbanos e travesías.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Desestimar totalmente a proposta de delimitación de treito urbano da estrada OU-0605 Pedra do Sol (OU-0606)-Parada de Sil (OU-604) ao seu paso polo núcleo rural de Cristosende, concello da Teixeira, recollida no expediente 4554F/2018.

Ourense, 8 de maio de 2019

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense