Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 14 de xuño de 2019 Páx. 28650

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mugardos

ANUNCIO do cambio de uso dotacional no Baño en parcela de equipamento deportivo e espazos libres por equipamento residencial público.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de abril de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo ao abeiro do disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia:

Prestar aprobación ao documento para cambio de uso dotacional en parcela de equipamento deportivo e espazos libres por equipamento residencial público, con data de marzo de 2019, redactado polo arquitecto Alejandro García Virosta e, en consecuencia, suprimir a adscrición para equipamento deportivo da parcela de referencia catastral 9416601NJ5191N0001MW, sita no lugar do Baño, cualificada como solo urbano, autorizándose, polo tanto, o uso de equipamento residencial nunha das súas partes que representa unha superficie de 3.514,50 m2 e mantendo en todo caso a titularidade pública.

Contra este acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Mugardos, 15 de maio de 2019

María Pilar Díaz Otero
Alcaldesa